Alberto Gracia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Ferrol, España |
Educación | Facultade de Belas Artes de Pontevedra campus de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Obra | |
Obras destacables | |
Alberto García Hermida,[1] nado en Ferrol en 1978 e coñecido cinematograficamente como Alberto Gracia, é un director galego de cinema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde se especializou na materia de escultura.
A súa obra (composta por pinturas, debuxos, performances, vídeos ou instalacións) estivo exposta en distintos países do mundo.[Cómpre referencia] No seu primeiro libro ensaístico Microfugas, teoría y juego de la profanación (Editorial Aristas Martínez, 2010), materializa o seu interese pola estética, tema sobre o cal realizou conferencias e mesas redondas, e participou en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011).[2]
En 2007 rodou en 16mm a súa primeira curta, Microfugas#1 (2008). En 2008 recibiu unha bolsa bianual de hangar.org como artista residente. En 2011 concedéuselle a bolsa de talento da AGADIC e rodou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, con produción de Zeitun Films e baseada na figura de Kaspar Hauser. A película gañou o premio FIPRESCI da crítica internacional no Festival de Rotterdam,[3] e posteriormente foi seleccionada en festivais como a Viennale, Lima, Cinemateca Uruguaya, Valdivia ou Sevilla. En 2015 mudouse a Madrid, onde reside na actualidade.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Microfugas #1 (2008)
- O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (2013)
- La estrella errante (2018)
- Tengan cuidado ahí fuera (2021)
- La Parra (2024)
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Microfugas, teoría y juego de la profanación (2010). Aristas Martínez Ediciones, 248 páxinas, ISBN 978-84-938210-6-7
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez (2015), p. 171.
- ↑ "O quinto evanxeo de Gaspar Hauser". Zeitun Films. Consultado o 24 de setembro de 2016.
- ↑ "Alberto Gracia. Ficha en IFFR". International Film Festival Rotterdam. Consultado o 24 de setembro de 2016.
- ↑ "Xurados". Curtocircuíto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Martínez, María Isabel (2015), O cine de non ficción no Novo Cinema Galego (2006-2012): Conceptualización, contextos e singularidades,(tese de doutoramento), Universidade De Vigo.
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2017), Para unha historia do cinema en lingua galega. [1] Marcas na paisaxe, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-172-4
- Donoso Calvo, Sara (2018), Cine, paisaje, pintura. Una mirada al audiovisual gallego contemporáneo, (tese de doutoramento), Universidade de Santiago de Compostela.
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2019), Para unha historia do cinema en lingua galega. [2] A foresta e as árbores, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-335-3
- Ledo Andión, Margarita (ed.) (2020), Para unha historia do cinema en lingua galega. [3] De illas e sereas, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-488-6
- Nogueira, Xosé (ed.) (2021), Para unha historia do cinema en lingua galega. [4] Lume na periferia, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-766-5